Tiven ocasión de facer unha serie de fotografías a algúns instrumentos que tiña á man e que, ainda que non sexan frautas de bico, serven para ilustrar o que comentaba na entrada anterior.
Detalle dunha chirimía española na que se lle ven os buratos máis achegados a campá do instrumento. Podese apreciar que o correspondente o memiño está duplicado e que dos dous, un foi cegado con cera. Trátase dunha copia moderna dun instrumento de época na que se quixo ser fiel ó orixinal, de ahí a existencia do burato para o memiño da man esquerda ainda que hoxe xa non sería necesario. As chirimías chamadas "españolas" tiñan a campá moito menos acusada que outras chirimías do renacemento. Pódese ver unha fotografía comparativa na web de John Hanchet.
Chirimía española en Do. |
Cos instrumentos que requerían o emprego de chaves para lles poder tapar
os buratos que por construcción quedaba fora do alcance dos dedos a
solución era facer unha palanca simétrica, de xeito que o instrumentista
puidera accionar a chave cunha ou a outra man. Na imaxe podese ver a
palanca en forma de U. A chave propiamente dita queda oculta, como era
costume nos instrumentos da época, por unha elaborada fontanela (do
latín fontanella, "ventá pequena").
Chirimía do Renacemiento en Fa - Detalle de chave e fontanela. |
Para rematar, un detalle do corpo inferior dun clariente en si bemol no que se ve claramente que a disposición das chaves destinadas ó memiño non deixan máis opción que colocar a man dereita abaixo e a esquerda arriba.
Clarinete Sistema Boehm en Si bemol. |
No hay comentarios:
Publicar un comentario