Decía na entrada anterior que o bloque das frautas de bico é a primeira parte do instrumento que tiña que tratar coa humidade e que tamén tiña unha importancia primordial na producción do son.
Tin whistle en re |
Unha das tarefas máis delicadas que ten que abordar un constructor de frautas de bico é a da "entonación" ou voicing do instrumento, tarefa compartida polo mesetres organeiros que a teñen que levar a cabo en cad aun dos tubos (e poden chegar a ser miles nun único óragano). Un artesán que contrúa unha frauta de bico vai querer estar en contacto co destinatario do seu instrumento, porque o traballo para axustala entonación da frauta vai depender moito do xeito de soplar, de articular, de atacalas notas que teña o frautista. Eso non quere decir que non se poda facer unha moi boa frauta sen coñecer ó instrumentista, pero sempre ven ben e de feito é casi un "requisito" que atoéi en varias pa´xinas de artesáns constructores de frautas de bico.
Ocarina de 6 buratos (dous pola parte inferior). Recordo de Mojácar. |
¿Somos tan diferentes soplando uns e outros como para
que esto sexa tan relevante? Pois si, si que o somos. Así como Philippe Bolton ten unha serie de entradas na súa páxina web relativas á construcción, axuste e mantementos do bloque, Adriana Breukink ten un artigo moi interesante acerca da clasificación dos instrumentistas segundo a súa forma de soplar. Eu son exhaler, clarísimamente, e non só polo xeito de soplar, senon pola posición das mans, o xeito de me sentar para tocar, ou de quedar en pé para tocar e a mobilidade (ou a ausencia dela). Ambos están en ingles.
Ocarina de Paparolo, en do. 10 buratos (dous na parte inferior). |
Ó comezo da entrada mencionéi os organeiros. O termo inglés fipple flute abrangue algo moito máis amplo que únicamente as frautas de bico. Se, como na Bioloxía, houbera unha clasificación taxonómica (familia, ordem xénero e especie, por non irmos moito máis atrás), frauta podería ser familia, de bico sería xénero e soprano, especia. Falta, pois, orde, que, para mín, son as fipple flute.
Dentro da orde fipple, obviando que a definición dí wooden plug, pode entrar instrumentos como o pito galego, o txistu vasco, o shvi armenio, o flageolet (¿o Concerto nº 4 de Brandenburgo tocado con flageolets?, posi si, existiu esta teoría), o tin whistle, a ocarina, o corno (gemshorn) ou os tubos de órgano (alomenos os que non levan lengüeta).
No hay comentarios:
Publicar un comentario