E non, non é erro tipográfico.
Fipple é voz inglesa que se define como a wooden plug forming a flue in the end of a pipe, as the mouthpiece of a recorder e que ven a decir que é un taco ou bloque de madeira que forma un
conducto no extremo dun tubo, como na boquilla dunha frauta.
Dito así parece que o bloque non sexa máis que iso, un taco, un tarugo, pero a mín góstame pensar que o bloque é ás frautas de pico o que o alma é ás cordas frotadas: a natureza do son vai depnder de cómo a canle que forma este bloque dirixe o aire cara o bisel, a outra parte fundamenteal na cración do son.
Bloque dunha Moeck Rottenburgh. en Saunders Recorders. |
O bloque, ademáis de conducir o fluxo de aire cada o bisel, é a primeira parte do instruemnto que ten que traballar coa humidade. Ó soplarmos, o aire húmedo que sae da nosa boca entra en contacto cuns corpos máis fríos como son a base e o teito da canle (de ahí a importancia de quecer ben a cabeza da frauta antes de tocarmos nela) provocando que tal humidade se condense. Se a condensación é excesiva a canle atascase entorpeciendo o fluxo de aire e impide a formación do son.
Unha das amdeiras preferidas para a confección do fipple ou bloque é a madeira de cedro vermello, pola súa capacidad de absorber a humidade se apenas dilatación e sen se deformar, fronte a outras madeiras. Á hora do fabricar un bloque, o constructor ten en conta a orientación da veta e tallará a peza de xeito que as vetas queden o máis perperdiculares que se poda á base da canle.
Podedes atopar unha excelente lección de cómo fabricar un bloque na web de Philippe Bolton.
A forma da canle, atendendo a súa sección transversal, é importante e se poden dividir en dour tipos: rectos ou curvos. A canle recta é a máis sinxela de realizar e se atopa
Mañán (ou pasado), máis.
No hay comentarios:
Publicar un comentario