sábado, 30 de noviembre de 2013

Afonía (I)

Estás a tocar e nalgún intre a túa frauta comeza a quedar afónica, o seu son perde brillantez, é velado, apagado: a humidade do aire que exhalas ó tocar está a obstruir a canle, o conducto que forma o bloque na cabeza da frauta.
Hai varios factores que interveñen e que favorecen esta situación ou a aceleran. Sen que a orde na que se citan represente maior ou menor importancia:
  • o soplido ha de ser o máis seco posible, sen presencia de saliva; o propio alento xa ten humidade dabondo, así que canto máis seco se sople, mellor.
  • a cabeza da frauta ha de quecerse antes de tocar, do non facelo favorecemos a condensación na canle.
  • o ambente da estancia é demasiado frío ou húmedo, ou ben se dan ambas circunstancias.
  • lévase xa un certo tempo tocando.
O último punto, ainda que poda parecer unha verdade de Perogrullo, é conveniente telo en conta, porque a frauta, ó ser de madeira, non se pode tocar indefinidamente. Ó estar en contacto coa humidade do alento e ó absorbela, o bloque vai sufrindo pequenas variacións e se vai dilatando paseniñamente modificando a forma da canle e polo tanto o xeito no que o fluxo de aire chega ó bisel. Unha excesiva dilatación do bloque vai crear unha tensión na madeira da cabeza ate o punto de chegar a rachala (e nese punto tamén inflúe a madeira empregada: o ébano ten tendencia a rachar).

¿Cánto tempo? Dunha a dúas horas como máximo. Hai constructores que consideran un límite en xeral de dúas horas. Con todo, cando se trata dun instrumento novo, un ó que se lle reemplazou o bloque ou un que leva unha boa tempada sen tocar nel, este límite ten que ser progresivo para irmos acostumando á madeira ó contacto coa humidade do alento. É o proceso de rodaxe ou break-in do instrumento.

¿Cómo eliminar a obstrucción da canle?
  • Hai quen sopla tapando a ventá (¡nunca! se ten que poñer o dedo no bisel da frauta, a súa madeira, húmeda, é más feble e calquera dano pode deixar inservible a frauta), coa man,
  • hai quen succiona e
  • ha quen desmonta a cabeza, tapa a xunta e sopla pola ventá.
Desavantaxes de cada un:
  • Soplar vai a trasladar o exceso de humidade ó interior do corpo da frauta e, segundo cómo se sople e cómo se teña tapado a ventá coa man, vai provocar un desgradable e agudísimo son.
  • Succionar nom é recomendable se a frauta é tocada por varios instrumentistas, por razóns de hixiene, pero ademáis, se non se ten a precaución de poñer a man sobre a ventá, vai introducir aire frío na canle, co que se pode agravar o problema de condensación que tratamos de evitar.
  • Desmontar a cabeza poder estar ben en hora de estudo, pero non se pode levar a cabo en directo, salvo que teñas compases de espera.
Eu aplico o segundo método, as miñas frautas só as toco eu, permíteme correxir de xeito discreto unha pequena obstrucción case en calquera silencio e, cun breve golpe de succión, o aire máis frío que poda entrar á canle non parece que chegue a empeorar a condensación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario