sábado, 30 de noviembre de 2013

Afonía (II)

Na entrada na que comezaba a falar da afonía na frauta, entre os factores que a provocaban ou que aceleraban a súa aparicion, citaba a necesidade de quecer a cabeza da frauta como prevención.

Recapitulando o comentado en A miña frauta é un fipple (I), na cabeza da frauta atópase o bloque, feito normlamente de madeira de cedro vermello, que forma a canle que conduce o fluxo de aire cara a ventá onde se atopará co bisel a producirá o son que logo se modulará no corpo da frauta ó taparmos uns ou outros buratos para emitila nota axeitada.

O alento co que soplamos é húmedo (ainda soplando seco, é decir, sen expulsión de saliva) e quente: dende os pulmóns ate a boca está en contacto tanto coa nosa humidade corporal como coa nosa temperatura. Se un fluxo de aire húmedo e quente (uns 35º ou 36º) entra en contacto cun corpo máis frío (bloque e teito da canle que estarán a temperatura ambente) a humedad condensaráse sobre o corpo máis frío como minúsculas pinguiñas. Son estas pinguiñas as que por aparecer en exceso ou crecer en tamaño obstrúen a canle e afectan ó son, aparecendo os síntomas de afonía.

Parece inmediato que se igualamos as temperaturas este fenómeno reducirase drásticamente. É doado comprender que non podemos disminuir a temperatura do noso soplido, co que o único factor que podemos alterar nesta ecuación é a temperatura da canle, e esto se consegue quecendo a cabeza da frauta. Pero a calor non pode ser excesiva nin agresiva, así quedan por tanto descartadas fontes de calor como nmantas eléctrivcas, secadores de cabelo, calefactores varios ou mesmo a luz solar directa.

A mellso fonte de calor é o noso propio corpo xa que ten a temperatura precisa á que queremos ter a canle. Levar a cabeza da frauta pegada ó noso corpo é o mellor método: baixo o brazo, suxeita con ambas mans ou non peto do pantalón son boas maneiras. Das tres, quizá a segunda pode ser a máis lente; suxetala baixo o brazo ten o risco de que se nos caiga e o de metela no peto do pantalón vai depender do tamaño do peto, do tamaño da cabeza da frauta e de que levemos ou non pantalón.

Brian Blood, nun completo tratado sobre coidados para a frauta de bico que podedes consultar na web de Dolmetsch recomenda

"Antes de tocar, quecer a cabeza envolvéndoa nunha grosa toalla e colocala durante 10 ou 15 minutos dentro dunha bolsa ou maleta xunto a unha templada (¡non quente!) botella de auga quente".
Coa cabeza axeitadamente quentada e soplando seco imos acadar unha reducción dos efectos da condensación na canle. E se a rodaxe realizada no seu día fíxose ben, o mesmo bloque será quén de absorber parte da humidade e deixar pasar ó tubo sonor a que non poda absorber, sen que teñamos casi condensación.

Por último, hai no mercado líquidos para reducir a condensación que, en esencia, non son mais que auga con xabrón. A solución de xabrón reduce a tensión superficial e evita a formación das pingas que son as que obstrúen a canle e provocan a afonía momentánea. Ó traverso da ventá poñemos unhas pingas da solución e as deixamos esbarar polo interior da canle cara ó bico da frauta. O propio recipiente adoita vir provisto dun dosificador ou contagotas que facilita a operación. Fabricantes como Moeck ou Mollenhauer teñen este tipo de producots no seu catálogo.

En calquera caso, se a afonía comeza a ser casi unha constante a pesares de ter quecido a cabeza, de soplar seco e mesmo dun ambente templadom, podemos atoparnos ante un síntoma de que a frauta require pasar a mans dun experto que a someta a un revoicing, porque posiblemente o que ocurre é que tanto o bloque como a madeira do teito da canle podense ter deformado de xeito irreversible pola acción da humidade alterando as dimensións da canle.

No hay comentarios:

Publicar un comentario