lunes, 25 de noviembre de 2013

Frautas en do, frautas en fa, frautas noutros sabores.

Os instrumentos da familia das frautas de bico son coñecidos, xeralmente, dándolles un "apelido" como nota musical, de xeito que estamos a falar de frautas en do e frautas en fa. Pero, do mesmo xeito que a voz humana recebe, en función do aguda ou grave que sexa, as denominacións soprano, alto, tenor e baixo (sen esquecer mezzosopranos, contratenores e barítonos), tamén podemos falar de frautas de bico soprano, alto, tenor e baixo. Ainda que hai máis, bastantes máis.

A soprano e a tenor son frautas en do, mentres que a alto e a baixo son frautas en fa. A frauta soprano é o terror da veciñanza a que calquer alumno de primaria tivo que tocar na escola e a tenor sona unha octava máis grave que aquela. A alto sona unha quinta xusta máis grave que a soprano e a baixo unha octava máis grave que a alto. A denominación en do ou en fa indica, no caso das frautas de bico, a nota fundamental que proporciona o tubo sonoro; é dicir, a nota que emite a frauta cando tapamos todolos buratos cos dedos. Decimos que unha frauta de bico está en do ou en fa cando a súa nota máis grave é un do ou un fa respectivamente, ainda que non só representa iso, como veremos máis adiante, con todo son instrumentos (polo menos as SATB) en do. E xa a temos liada. ¿A frauta de bico alto é unha frauta en fa e é unha frauta en do? ¿ó mesmo tempo?

Hoxe en día, ó falarmos, por exeplo, dun clarinete en si bemol ou dun saxofón en mi bemo, estamos a falar de instrumentos transpositores. Sonvos instrumentos que, a diferencia dun violín ou dun piano, dan unha nota distinta da que está escrita. Cando o clarinetista le un do e coloca os sues dedos para emitilo do, o clarinete en si bemol fará sonar un si bemol. ¿Por qué este lío? Porque tanto clarinetes como saxofóns (ainda que non son os únicos) pertencen a familias con varios membros en distintas afinacións (hai clarinetes en do, en la, en si bemol e en mi bemol, por exemplo) e de non ser deste xeito, o clarinetista veríase obrigado a coñecer distintas dixitacións dependendo do instrumento e ter que estar pendente de qué afinación ten este para usar unha u outra.

Dito dun xeito máis sinxelo, todo instrumento de vento madeira ten unha escala maior que para executala ascendentemente hai que destapar os buratos máis ou menos de xeito secuencial; escala que, para ese instrumento en particular, é a súa escala de do maior, sen alteracións. Así, simplificando, un saxofonista só ten que coñecer unha dixitación que lle servirá para calquera outro saxofón que vaia tocar. O traballo queda para o compositor ou arreglista, que terán que alterar (transportar) a parte do saxofón tendo en conta a súa escala de do particular para que sone como ten que sonar.

Regresando á frauta de bico, en realidad, a unha frauta en do ou en fa pásalles o mesmo que a estes instrumetnos. Non é tanto que o do ou o fa sexan a nota más grave como dixen antes, senon que é a escala maior que proporcionan ó levantarmos os dedos de forma secuencial (máis adiante escribiréis unha entrada sobre as distintas dixitacións que existen ou existiron ó longo da historia). Pero a diferencia radica en que non son transpositores. Así como un clarinetista, independentemente de que toque un clarinete en do, en la ou en si bemol, tocarao como se fora un en do (xa que a "compensación" xa está escrita na súa partitura), o frautista de bico, de xeito habitual, ten que coñecer en qué afinación está a frauta que toca e aplicar a dixitación axeitada a ela. A frauta de bico emite a nota que estña escrita, non é instrumento transpositor e polo tanto, dende ese ponto de vista, chamemola unha frauta en fa ou en do, será un instrumento en do.

Pero non todo ons verdades absolutas e, como case sempre, hai excepcións. Tres moi claras:
  • A frauta soprano que, salvo que na chave de sol teña un pequeno oito a modo de superíndice, sona unha octaca xusta por riba do que está escrito.
  • A frauta sopranino (unha frauta á octava da frauta alto) e que como a soprano sona unha octava por riba do que ten escrito.
  • E a frauta baixo, que sole tela súa voz escrita na chacve de fa en cuarta, como os cellos, pero que sona unha octava por riba deles.
E como pouco outras tres menos coñecidas polo público en xeral, pero que tiveron a súa importancia no periodo Barroco:
  • A fourth flute ou "frauta á cuarta" que, usando un criterio transpositor, ven ser unha soprano en si bemol e sona unha cuarta xusta por riba do escrito.
  • A sixth flute ou "frauta á sexta" que, co mesmo criterio, ven ser unha soprano en re que sona unha sexta xusta por riba do escrito. Por exemplo o Concerto II en Re Maior de John Baston, para sixth flute, onde ser pode ver que a parte de frauta está escrita en Fa Maior, mentres que as cordas están na tonalidad de Re Maior. Hay que ter en conta que a dixitación a empregar ten que ser a dunha frauta en fa (de feito, a denominación "frauta á sexta" ten que ver co que o re é o sexto grado na tonalidade de fa maior).
  • A voice flute que pode considerarse unha tenor en re e sona unha terceira menor por debaixo do escrito. Como exemplo, unha Sonata en si menor de Jean-Baptiste Loeillet de Londres (John Loeillet) para dous traversos, dúas voice flutes e baixo continuo. Sona unha octava máis grave que a sixth flute e se emprega para ela a dixitación correspondente a unha frauta en fa. Está na mesma tesitura que o traverso barroco e por iso abre á frauta de bico a cancela ó repertorio escrito para traverso.
Por útlimo, outro exemplo de frauta de pico transpositora: a fifth flute, qeu sona unha quinta xusta por riab do escrito e que é en realidade unha soprano en do, ainda que a súa música escrébrese transportada e tóca se coa dixitación dunha frauta en fa. O Concerto VI en Re Maior de John Baston é un exemplo disto.

Pero non son as únicas: noutra entrada trataré de abordar a controversia que rodea ó Concerto de Brandeburgo nº 4 en Sol Maior, as súas "fiauti d'echo" e a alto en sol.

Alto en fa, Voice Flute y Soprano en do
De esquerda a dereita,

No hay comentarios:

Publicar un comentario