sábado, 30 de noviembre de 2013

O Concerto nº 4 de Brandeburgo e as fiauti d'echo (I)

Dos 6 concertos de Brandeburgo compostos por J. S Bach, os n1 2 e 4 sempre me cautivaron por ter frautas de bico no concertino.

Penso que non chegaréi a tocar nigún deles, ainda que si os teño leído e estudado, incluso o nº 5, ainduq que este, escrito para traverso, o teña estudado coa voice flute, xa que para a alto en fa está fora de tesitura. A raíz do video de Voices of Music do que me fixo saber del que me hizo saber +Carlos García Amigo e no que se interpreta o 2º andamento do Concierto nº 4, descubrín a controversia que envolve a este concerto e os quebradeiros de cabeza que ten proporcionado a distintos musicólogos polo menos dende os anos 60.

 

Máis adiante, ainda que non nesta entrada, voltaremos sobre esas curiosas frautas dobres e o porqué do seu emprego.

Primeira páxina manuscrita do Concerto nº 4 de Brandeburgo
Na imaxe da esquerda pódese ver a folla co inicio do primero andamento do Concerto nº 4 de Brandeburgo, e que corresponde ó amnuscrito de J. S. Bach. No encabezamento pódese ler:
"Concerto 4to. a Violino Prencipale, due Fiauti d'Echo, due Violini, una Viola è Violone in Ripieno, Violoncello è Continuo".

A continuación tedes un recorte de dito encabezamento no que se ve a mención ás due Fiauti d'Echo.
Título do Concerto nº 4 dos Conciertos de Brandeburgo

Primeiro compás do primeiro andamento - Concertino
E á dereitra, o primeiro compás do mesmo movemento onde para cada parte figura o nome do instrumento ó seu cargo: Violino prencipale, Fiauto 1ro, Fiauto 2do. O cosutme era denominar flauto ña frauta de bico e traverso á frauta traveseira. No título menciona due Fiauti d'Echo e na música a s nomea como era costume denominar ás frautas de bico. Non as volve chamar d'Echo en toda esta obra nin hai máis mención a este instrumento no resto da súa obra.

¿Qué son, logo, as frautas de eco? No número de outubro de 1960 de Music & Letters, Vol.  41, nº 4 publicouse un artigo escrito por Thurston Dart con título "Bach's Fiauti d'Echo", no que argumenta que as fiauti d'echo son en realidade un tipo de flageolet afinado en sol, coñecido na época como bird flageolets (o nemo venlle de que pola súa tesitura empregábanse para ensinar ós paxaros a entonar certas melodías populares por aquel entón), e que sonaban una octava por riba do escrito. no seu artigo advirte da existencia de numerosas referencias nos preiódicos de Londres entre 1713 e 1718 ás actuacións de James Paisible nas que tocaba unha echo flute. Se as ditas actuacións eran populares poderíase agardar que se poideran atopar métodos de aprendizaxe, pero o mesmo Dart recoñece que non hai rastro deles: nin se conservaron métodos nin existen mencións a eles; así que suxiera que, acaso, se coñecera popularmente á echo flute por outro nome (como pasaba co chalumeau, o precursor do clarinete, ó que coñecían como mock trumpet). Asociando o un co outro, dart remata por suxerir que o flageolet francés (o flageolet francés difería do inglés no número de buratos; mentras o francés tiña catro no frente e dous para os matapiollos, o inglés tiña seis no frente e, ocasionalmente, presentaba un para o matapiollos), de moda por aquela época, é o candidato ideal para ser a fiauti d'echo, ainda que recoñece que non é posible probar que sexan sinónimos. Agora só falta conectar Londres e Cöthe, onde se compuxeron os Concertos. Neste punto, fai unha serie de conxeturas basadas en datas e movementos de músicos entra países que poderían facer pausible que J. S. Bach tivera contacto con músicos procedentes de Londres a través dos cales tería coñecido as fiauti d'echo.

Finalmete remara o artigo con cuestións "menos especulativas" centrdas na análise da música en si mesma:
"Ainda cando o ripieno fora interpretado en cada voz por un único instrumento e ainda cando o violín principal der o mellor de si mesmo para tocar a súa brillante parte o máis piano posible, aínda así, o suave son de dúas frautas de bico alto sería prácticamente inaudible durante gran parte da obra."
Cita varias pasaxes.
  1. No primeiro andamento entre os compases 197 e 208, os seus delicados ecos en canon das cordas do ripieno son tapadas por este e casi borradas polas esvaradías fusas do violín solita.
  2. No andamento lento as ricas armonías vense empañadas nos compases 7, 8 e 12 por acordes de 6ª e 4ª tocados polos tres solitas, ademáis de outros enfrentamentos embarazosos.
  3. No terceiro andamente, do stretto e da entrada final do tema fugado (compases 225 e 239, respectivamente) dí que xamáis podería ser escoitadas, malia que a estructura musical amosa que ambas pretenden ser o clímax da fuga.
Primeiro andamento, ecos das frautas ós violíns I y II e a pasaxe de fusas do violín solista.
De todo isto conclúe que:
  1. O xeito de dar solución a tales problemas sería asumir que as partes de fiauti d'echo sonaban unha octava por riba do escrito.
  2. O instrumento obvio para isto debería ser o pequeno bird flageolet en sol e iso a pesar de que recoñece a existencias dun fa grave no compás 183 do primerio andamento, imposible de ser tocado con dito instrumento, pero que -di- resólvese transportando á octava superior, como sucede na outra versión do concerot (estoutra versión á que se refire é o Concerto para cravo en Fa Maior BWV 1057).
Terceiro andamento, compás 239 a fin
Sé que existe unha versión grabada por Thurston Dart tocada con frautas sopranino (que venrían a reemplazar ós bird flageolets da súa teoría), pero non tiven ocasión de escoitala.

En fin, a historia das fiauti d'echo non remata aquí; de feito foi rebatida, discutida, foi refutada e existiron outras explicacións para dar sentido á mención do tñtiulo do conerto. Pero por hoxe xa foi dabondo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario