domingo, 24 de noviembre de 2013

Quen non teña tocado nunca nunha frauta de bico, que suba a man dereita.

Un título algo longo, certo, pero que reflicte a conclusión á que un chega despóis de ver cómo xente, xente que posíblemente non teña tocado xamáis nun instrumento de vento madeira, imita o xesto de tocar: a man dereita arriba, a man esquerda abaixo.

Dalle unha frauta de bico a calquera, rapaz ou adulto, e verás coma case sempre (excepcións hainas, por suposto) suxeitarán o instrumento coa man dereita arriba e a esquerda abaixo.

Hoxe en día cos instrumento de vento madeira, incluindo as frautas traveseiras e os saxofóns, ateigados de chaves e mecanismos de anéis ou pratos, pola súa disposición queda claro que a man esquerda ocúpase da parte superior do instrumento, mellor dito, da parte máis achegada á boquilla, caña ou embocadura, e a dereita da parte máis alonxada. E, no caso das frautas traveseiras, ademáis, a disposición do seu mecanismo obriga ó instrumentista a colocar o instrumento cara á dereita para poder tocar nel.

Esta covnención aplicase tamén ós demáis instrumentos de vento madeira que non teñen ou teñen menos chaves, incluso os empregados na música tradicional. Fixádevos se non no punteiro da gaita que ten, do mesmo xeito que as frautas de bico, dos buratos a tapar cos dedos, o que se atopa máis alonzado da palleta, lixeiramente desprazado á dereita en relación ó resto para poder tapalo co memiño da man dereita. Ou mesmo as ocarinas, eses aérofonos feitos de arxila cocida, nos que tanto a colocación do instrumento como a das mans nel, aseméllase tanto o xesto de tocar unha frauta traveseira. (Pódese considerar a ocarina como instrumento de vento madeira, sendo de arxila?)

Con todo, a posición das mans no instrumento de vento madeira non foi durante a súa historia tan clara e absoluta como o é hoxe en día.

Como be di Philippe Bolton, fabricante francés de frautas de bico:
"Hoxe en día a frauta de bico tócase coa man esquerda arriba e a dereita abaixo [...]
Non obstante, non existe unha razón lóxica para tocar coa man esquerda arriba como se fai agora. Durante a Idade Media e no Renacemento, os instrumentos construíanse de tal xeito que as mans podíanse colocar do xeito que lle resultara máis cómodo a cada instrumentista."
O "xeito de construilos" ó que se refire Philippe Bolton é, como case sempre, o máis elemental imaxinable, practicar dous buracos para o memiño, un desprazado para ser tapado polo da man dereita e outro para ser tapado co da man esquerda. O músico logo cegaba con cera o que non usaría. Deste xeito o constructo podía construir instrumentos que valeran tanto para uns como para outros segundo os seus costumes de tocar, sen se ter que preocupar de antemán por quén ía selo destinatario do instrumento.

Agora ben, e voltando sobre o título do artigo, se a tendencia natural que me pareceu observar nas persoas que nunca tiveron un instrumento de vento madeira nas súas mans é a de, incluso independentemente de que sexan zurdos ou destros, suxeitalo coa man dereita máis perto da embocadura, ¿por qué a convención que triunfou foi a que temos hoxe en día.

No hay comentarios:

Publicar un comentario