jueves, 5 de diciembre de 2013

¿Corcho ou fío?

As frautas, ó igual que outros instrumentos de vento madeira, compoñense de varias partes, normalmente dúas ou tres pezas, que hai que ensamblar. Estas unións contrúense de xeito que unha porción, chamada espiga, dunha das pezas encaixe no interior doutra delas. Esta unión, que no caso de frautas traveseiras e saxofón é de metal contra metal, no resto da familia da madeira é, obviamente, madeira contra madeira.
Así como o metal é estable antea a humidade (o que quere decir que non anda a expandir e contraer cada vez qeu entra en contacto co alento ou deixa de estalo), con prepara as pezas para que encaixen perfectamente unha dentro da outra sen quedar folgadas, o problema está resolto.
Outra historia é a unión de madeira contra madeira. Se a espiga de madeira encaixara con tanta precisión como se require na de metal, en canto a madeira comezara a dilatar por acción da humidade a espiga exercería presión no seu aloxamento, e aparte o risco de fractura, sería prácticamente imposible separar ambas pezas ou mesmo facelas xirar.
Se a espiga non se fixera tan xusta para reducir estes dous riscos teríamos outros dos problemas derivados dunha unión demsaido frouxa: por unha banda as pezas moveríanse con facilidade a unha respecto da outra e pola outra, a unión non sería estanca ó aire, perxudicando a emisión do son.

Esto solucionase cunha espiga que entre sen ter contacto coa madeira da peza na que encaixa e interpoñendo algún tipo de amterial que, ó tempo que permite un bo selado, teña un comportamente, imos decir "mol" frente á presión, que ceda á presión comprimíndose pero que recupere o seu volume inicial ó desaparecer estta.

Un material natural con estas propiedades é o corcho e de feito emprégase na actualidade, prácticamente en todolos instrumentos de vento madeira en forma dunha delgada tira de corho enteiro ó redor da espiga na que se practicou un rebaixe para aloxalo. O espesor do corcho é suficiente para que a espiga sexa lixeiramente maior en diámetro que o espacio no que ten que entrar. . O corcho comprímese e sel a axunta, convenintemente lubricado con, por exeplo, vaselina.

Con todo, históricamente, o o corcho non foi o material preferido para esta misión. No seu lugar se enrollaban espiras de fío, tantas como fose necesario para dar firmeza á unión de xeito que non quedara nin demasiado apretata nin demasiado solta. ¿Por qué se empregaba espiras de fío en lugar dunha tira de corcho? Pola mesma razón que fa que se esté a empregar fñio no fagot, concretamente na espiga do corpo baixo, a que encaixa na culata: porque, ademáis de axuste e selado, aporta forza á espiga, cousa que non fai o corcho. Seculos atrás os instrumentos pequenos podía facerse dunha sóa peza, eran os maiores (seguramente porque sería máis cómodo traballar na súa construcción por seccións e porque a partir de certo tamaño sería imposible facerse con materia prima nunha soa peza) e a maior tamaño máis forza ten que soportar a espiga.
Pero, ademáis de proporcionar forza á espiga ¿ten vantanxes o uso do fío? O corcho, a pesar da súa facilidade para comprimirse e recuperar o seu estado, tamén envellece e reseca, pode perder volume e deixar de realizar correctamente a súa función de modoe que, chegado certo punto, sexa necesaria a súa sustitución. E, claro, require certa destreza se o quere facer un mesmo. O fío, por suposto, tamén pode perder volume, pero tal vez sexa máis sinxelo enrollar unhas poucas  voltas máis de fío ó redor do xa colocado ate dar co punto xusto de axuste: se me quedo curto enrollo máis, se me paso, quito voltas. O fío é sinxelo de mercar en calquera mercería, sempre e cando se trate de fío de algodón; o corcho, con todo, non está tan ó alcance da man.

En canto á lubricación, así como o corcho podese lubricar con vaselina, as espigas de fío prefiren a cera natural de abella. Como a cera á temperatura ambente é sólida hai unha receta que puxen en práctica e que me deu moi bo resultado: consiste en derretir ó baño María cera de abella e engadirlle o mesmo volume, ou un chisco máis, de aceite de olvia virxe extra para crear unha pasta non demasiado cremosa, pero que coa calor do dedo abrnade o xusto como para podela extender doadamente sobre a espiga. Non é necesario facer moita, teño unha tarrina de 150 ml coa que penso que estou abastecido de por vida e non me fará falla voltar a preparar máis pasta.

O tipo de fío axeitado para enrollar é preferible que seca de algodón ou liño. O peor material é o poliéster. Isto é debido a que o fío de poliéster é demasiado forte e elástico, o que provoca que en cada espira a fibra exerza presión sobre a espiga; ademáis, ó igual que no caso do corcho, na espiga practícase un rebaixe que é onde se ha de enrolalr o fío. Ó enrollalo é casi seguro que imos estirar lixeiramente a fibra e esta vai tender a encoller e recuperar a sús lonxitude de repouso presionando desde xeito ó redor da espiga. A suma de todas esas forzas pode chegar a destruila ós poucos días da súa colocación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario