lunes, 16 de diciembre de 2013

Do engraxe da frauta

O porqué do engraxe.
A madeira do instrumento vai estar en contacto coa humidade ó longo da vida do instrumentom algo que non é que lle veña precisamente be. Do mesmo xeito que é importante seca ben o instrumento e deixalo secar ó aira tras cada uso, xa non só polo instrumento en sí, senon polos microorganismos que se poden desenvolver na madeira e que poden afectar á nosa saúde, tamén é importante tratar a madeira contra os efectos da humidade e hidratarla.
O engraxar a frauta estamola protexendo e ó mesmo tempo a estamos hidratando; portexémola evitando no posible que a humidade a faga podrecer e que se desenvolvan fungos ou mohos e hidratámola evitando que se resequen as súas fibras.

Di Joseph S. Wisniewski en Dolmetsch Online:
"Ó longo da maior parte da historia, os instrumentos musicáis non se engraxaban. Pero tampouco ó longo da maior parte de historia eses mesmos instrumentos eran construidos en Alemania no inverno, metidos nun avión, transportados casi ó baleiro a 10 km de altitude e entregado dez horas despóis no deserto de California ou nos pantanos de Florida (ben, tal vez os exemplos sexan un tanto extremos). Engraxar a madeira dificulta que o auga peneter nela ou que a perda. Non é que deteña totalmente a ganancia ou perda de humidade, pero proporciona certo grado de "barreira de vapor" e reduce os inconvenientes de rotura ou deformación do instrumento ou incluso o agrandamente do grao (da madeira) no taladro interior."
¿Qué engraxar e qué NON engraxar?
Hai que engraxar case calquera parte da frauta que entre en contacto coa humidade do soplido, agás o bloque e interior da canle. É decir, convén engraxar o taladro interior da fratua, tanto na cabeza (que vai ser a parte que máis se vai humedecr cada vez que toquemos) como no corpo e no pé. Ó engraxar o interior da cabeza hai que ter especial coidado en non enchoupar o bloque e que non nos entre no interior da canle, pero se temos que engraxar a parte superior do bisel no exterior do instrumento e as paredes dester. En canto ó corpo e pé non é mala idea enchoupar o interior dos pequenos buratos sonoros que tapamos cos dedos.
O motivo de non engraxar o bloque é ben claro: o engraxe protexe a madeira da humidade e, en certo modo, a impermeabiliza. Recapitulando o comentado en Afonía (I) e Afonía (II) o bloque encárgase de abosrober a humidade do soplo ó través da canle e permitir que este esté expedito. Se o bloque se impermabiliza impedimos esta función e se, ademáis, se engraxa pola parte da canle, o resultado é claro: a garxa vai evitar por un lado que o bloque abosroba e polo outro vanse ir formando diminutas pingas que terminarán por obstruir a canle e impedir o paso do aire.
Esto é doado de comprobar e se alguén ten ganas de facer un pequeno exercicio que probe a mollar un pouco a xema dun dedo en aceite de cociña ou a extender vaselina nela para, a continuación, poñer ese dedo e outro o(estoutro sen aceite nen vaselina) baixo unchorro de auga. Ó apartar os dedos da auga veredes o que quero decir.

¿Con qué engraxar?
Calquera artesán ço que consultes, ben directamente ou ben lendo nos seus respectivos sitios web as recomendacións para o coidad dos seus instrumentos, dirán que aceite de sementes de liño prensadas en frío: aceite de liñaza. O preferen porque é máis espeso e endurece co secado, polo que a capa de protección é máis duradeira e resistente. Polo contrario, e debido a elo, é de difícil aplicación, xa que pode formar residuos sólidos no interior do instrumento, ademáis de ser doadamente inflamable. Ronald Wick, o constructor holandés que fixo a voice flute que teño, dilúe o aceite de liñaza cun chisco de esencia de trementina para facilitala súa aplicación.
A alternativa que propoñen a maioría de fabircantes non artesáns é a de empregar aceite de améndoa doce, que é moito máis líquido e doado de aplicar e prácticamente pódese decir que non ten cheiro.
Con todo eu decanteime por unha terceira receta, tras algunhas consultas con Ronald Wick. Despóis de comentar as alternativas fíxome unha observación:
"se non vas usar aceiter de liñaza, en España hai unha mello alternativa ó aceite de améndoas doce, máis económica e ó alcance da man: aceite de oliva virxe extra, o mesmo que se emprega na cociña."
Tanto el como outros constructores aconsellan engadir o contido dalgunha cápsula de vitamina E para retrasala oxidación do aceite, pero Ronald, ademáis, comentoume que el engadía nunha proporción 1:6 aceite esencial de cítrico. De feito, cando recibón a frauta arrecendía cun suave e agradable cheiro a cítricos. Así que, en resumo, fíxenme conha botelliña de 15 ml de aceite esencial de limón, engadina a uns 100 ml de aceite de oliva virxe extra (o resto rematou en ensaladas) e logo o contido dunha ou dúas cápsulas de vitamina E, Todo elo nun frasco que quedou ben tapado e gardado na oscuridade. De el saco o que necesito a outro recipiente menor provisto de aplicador (concretamente un vello bote de aceite de améndoas de Moeck) que é o que emprego cando teño que engraxar algunha das frautas.

Frecuencia do engraxe.
Determinar cada cánto tempo compre engraxar a frauta está en función de varios factores:
  1. Tipo de madeira e acabado.
  2. Tipo de aceite a empregar.
  3. Frecuencia e intensidade de uso.
Se o instrumento é novo, do mesmo xeito que é necesaria unha rodaxe para acostumar ó instrumetno á humidade, tamén é necesario engraxar con máis frecuencia, da orde de cada tres ou catro semanas, segundo Stephan Blezinger quen recomanda, superado este periodo, efectualo logo có cada 3 ou 6 meses e, en todo caso, dependendo da madeira e do uso. Con todo Philippe Bolton puntualiza cada 3 meses se se emprega aceite de liñaza ou incluso cada mes se é aceite de améndoas doces. Pola súa parte, Paul Richardson, constructor afincado en Madrid, di nun artigo publicado na Revista Flauta de Pico Nº 1 en xaneiro de 1995, que en flautas de madeira de buxo é suficiente cunha aplicación anual e de xeito máis frecuente en madeiras máis porosas como o arce. Ó final, como case sempre, é un mesmo quen ten que ir aprendendo do seu instrumento e ir ós poucos coñecendo as súas necesidades. Todo o demáis só hai que tomalo como recomendacións máis ou menos xeráis.

Hai fabricantes que someten a determinados tratamentos ás frautas feitas con madeitas máis brandas ou porosas como a madeira de arce, enchoupándoas con algún tipo de cera ou parafina que fai innecesario o engraxe posterior. O mellor, atender ás indicación que cada fabricante, en serie ou artesán, suministre co intrumento.
En calquera caso, a frauta ten que estar perfectamente seca antes de comezar o engraxe. Cando taño previsto engraxar algunha delas deixoa secar o aire un día enteiro, a engraxo e a deixo absorber o aceite durante outro día completo, antes de eliminar o sobrante e voltar tocar nela.

Utensilios
Un trapo fino de fibra natural que no deixe peluxe ou unha escobiña cilindrica de pelo de porco ou sintética para o interior do taladro da frauta. Se a frauta non está vernizada ou non ten algunha imprimación exterior, co mesmo trapo ou as mans espidas pódese aplicar algo de aceite para que teña un aspecto lustroso.
Un pincel fino (un redondo do número 2) permítenos aplicar aceite con bastante precisión no entorno da ventanam onde haberá que evitar que o aceite entre en contacto co bloque ou mesmo coa canle.
Os principáis fabricantes suministran coas súas frautas de certa categoría conxuntos de mantemento, que tamén se poden adquirir por separado, e que solen constar dunha escobiña axeitada ó tamaño da frauta, pincel, aceite de améndoas doces e líquido anticondensación.
En canto a cantidade, mellor pouco e varias veces ate recobrir a superficie a tratar que pasarse e encharcar a madeira. Co aceite de oliva ou de améndoas bastanme dúas ou tres pinguiñas para o corpo dunha alto, co que queda enchoupada a escobiña xa aproveitopara engraxar o taladro do pé e un par de gotas máis no interior da cabza (que convén aceitar en vertical co bico cara arriba).
Tedes consellos, incluso con fotografías, para aceitar a frauta en:

No hay comentarios:

Publicar un comentario