Sen lle querer dar máis importancia que a que ha de ter algo que hai que tomar cun pouco de humor, aquí vos deixo unha guía rápida para recoñecer se unha frauta de bico é boa ou non. A conta da vella.
Guía rápida para recoñecer unha boa frauta de bico, de menos a máis:
- De plástico, dixitación alemana
- Corpo de madeira, cabeza de plástico, dixitación alemana.
- De madera, dixitación alemana.
- De plástico, dixitación inglesa.
- De madeira, dixitación inglesa, canle recta.
- De madeira, dixitación inglesa, canle arqueada, espigas de corcho
- De madeira, dixitación inglesa, canle arqueada, espigas de fío, fabricada en serie, a440Hz.
- De madeira, dixitación inglesa, canle arqueada, espigas de fío, fabricada en serie, a415Hz.
- De madeira, dixitación inglesa, canle arqueada, espigas de fío, de artesán.
- De madeira, dixitación orixinal, canle arqueada, espigas de fío, de artesán.
No hay comentarios:
Publicar un comentario