lunes, 2 de diciembre de 2013

Inglaterra - Alemania

Inglaterra-Alemania non só foi a final do Mundial de Fútbol de 1966. O enfrontamento entre Inglaterra e Alemania tamén está presenta nas frautas de bico, ainda que non se trata de qué constructores foron os mellores ó longo da Historia, ou qué compositores foron os máis salientables escribindo para este instrumento, non. A confrontación é relativamente recente e ten que ver coas dixitacións.

En termos moi xerias, hoxe en día podemos dividir as frautasd e bico en dous grandes grupos se nos fixamos únicamente na dixitación empregada: dixitación inglesa e dixitación alemana.. Á inglesa adoitamos chamala barroca, ainda que hai fontes que a denominan moderna e preferen referirse a ela como inglesa, ainda que disto non imos falar polo de agora.

Antes de continuarmos é mellor fixarmos un criterio para representar as dixitacións. Cade vez que se fale, nesta ou noutras entradas, dunha posición concreta dos dedos aparecerá algo como isto:

o|123|4567

Imaxinade a frauta colocada horizontalmente ante vós, coa cabeza cara á vosa esquerda. Hai tres grupos de números: o primeiro corresponde ó burato de octava, o que está da parte posterior do instrumento e que se tapa co matapiollos da man esquerda; o segundo grupo de tres números corresponde ós buratos que se tapan cos dedos da man esquerda (máis á esquerda, máis perto da cabeza); o terceiro grupo son os buratos que se tapan cos da man dereita. Cando hai un número indica que o burato correspondente está tapado, se aparece un guión (-) é un burato aberto, e o número tachado (7) vai significar medio burato (ou no caso de buratos dobles, só un deles tapado).

A dixitación alemana é relativamente recente, xa que non chega a ter nen un século de existencia. Aparece na década de 1920 da man de Peter Harlan. Peter Harlan, nado en Berlín en 1898 e finado en 1966, foi un constructor alemán de instrumentos musicáis e inicióu o hoxe coñecido como 'movemento alemán da fratua de bico' para fomentar o espírito do Movemento da Mocedade Alemán (Die deutsche Jugendbewegung).
Escolleu a frauta de bico porque quería un instrumento cun son, que segundo el
"non puidera ser mellorado, sen importar o grande que fora o arte; que a súa esencia non puidese ser alterada por ningún virtuosismo".
Non parece que tivera en gran estima á frauta de bico. Harlan entrou en contacto con Arnold Dolmetsch en el Haslemere Festival (no Reino Unido) e levou para Alemania unha serie das novas frautas de bico que estaba a construir Dolmetsch. A súa obvia simplicidade lévalle a opinar que a dixitación inglesa adoptada por Arnold Dolmetsch nas súas frautas (e que non é outra cousa que unha derivación das dixitacións barrocas históricas) é innecesariamente complicada e podería dificultara a súa aprendizaxe, debido á posición de forquilla que ha de empregarse para obter o cuarto grado da escala maior.

En Frautas en do, frautas en fa, frautas noutros sabores decía que os instrumentos de vento madeira teñen unha escala maior que se obtén abrindo en secuencia os buratos. Na dixitación inglesa non é de todo certo. O cuarto grado (o fa, se estamos a falar dunha escala de do maior) obtense con esta posición

0|123|4-67

en lugar de ser 

0|123|4---

como cabería agardar, tendo en conta que o terceiro e o quinto son respectivamente

0|123|45--
0|123|----

Esa aparente complexidade é a que leva a Peter Harlan a desenrolar unha frauta de bico que responda a esa pretendida sinxeleza, dándonos un sistema de dixitación que case 100 anos despóis segue a empregarse no ensino da frauta de bico a nivel escolar, sistema para o que se estar a construir frautas de bico e sistema que só elimina a pretendida complexidade no cuarto grado da escala maior e na súa octava. O resto de posicións necesarias para obter a escala cromática segue a ser tan o máis complicado e, ainda peor, perdendo nas diatónicas unha perfecta afinacíón, o que converte a este sistema, en claramente inferior fronte ó de Arnold Dolmetsch.

Como en 1966, volve a gañar Inglaterra.

O segredo para diferenciar a simple vista se unha frauta segue a dixitación alemana ou a inglesa (tamén coñecida, ainda que menos, como moderna e mal chamada entre nós como "barroca") de Arnold Dolmetsch, está en ver o diámetro do burato 5. Se este é pequeno en comparación co 4 e o 6, estamos diante dunha frauta de dixitación alemana. Se o 5 é dun tamaño similar ó dos buratos 4 e 6, entón é unha frauta de dixitación inglesa.

Alemana á esquerda - Inglesa á dereita.
Atención ó tamaño do burato 5 en relación co 4.


Prácticamente o contido desta entrada é un compendio do publicado por Nicholas S. Lander en Recorder Home Page, Brian Blood en Dolmetsch Online, tamén en Recorder Fingering Systems de Antique Sound Workshop e das FAQ de Mollenhauer.

No hay comentarios:

Publicar un comentario