lunes, 2 de diciembre de 2013

O Concerto nº 4 de Brandeburgo e as fiauti d'echo (II)

Antes de retomar as teorías que tratan de explicar qué era as fiauti d'echo pecho un tema que deixei medio aberto na primeira parte. Decía entón que coñecía a existencia dunha versión do Concerto de Brandeburgo nº 4 coa participación de Thuston Dart e na que se empregaban frautas de bico sopranin o, seguramente para poñer en práctica a súa teoría de que as fiauti d'echo fora, daquela, bird flageolets que sonarían unha octava por riba do escrito e así resolver unha serie de problemas musicáis advertidos po Dart na escritura de dito concerto. Non foi necesario rebuscar moito:
Conceertos de Brandenburgo, J. S. Bach
Academy of St. Martin-In-The-Fields

Dir. Neville Marriner
Philips - 6700 045
Año 1971. 2xLP

Segundo disco-cara A-2ª parte, Concierto nº 4 en Sol Maior - BWV 1049:
Alan Loveday - violín
David Munrow, John Turner - frautas de bico sopranino
Thurston Dart - cravo (Allegro)
Raymond Leppard - cravo (continuo)
_______________________________________________________

As teorías presentadas en 1960 por Thurston Dart tiveron apoio posteriormente. Bernard Krainis no seu artigo "Bach and the Recorder in G", publicado en American Recorder, Vol. 2, Nº 4, en outono de 1961, suxire a posiblidade de que a parte Flauto I do Concerto Nº 4 de Brandeburgo fora escrita para unha frauta de bico en sol, en lugar dunha en fa. E en agosto e novembro de 1963, na mesma publicación aparecen dous escritos de Wesley M. Oller nos que cita varias referencias, en xornáis ingleses, á echo flute de Paisible e se mostra de acordo coas consideracións de Dart acerca de ditas echo flutes (é decir, que foran bird flageoletsen sol).

Non haberáque esperar moito para darlle outra volta, xa que en febreiro de 1964 a Recorder and Music Magazine, Vol. 1, Nº 4 resume a discusión acerca desta controversia, publicada en 1963 en Bach's Brandenburg Concertos por Norman Carrell. Ainda que por algún tempo chegouse a crer que o termo d'echo referíase sinxelamente ó efectos de eco presentes no segundo andamento, o descobriemento das referencias a unha echo flute nos xornáis londinense entre 1713 e 1718 suxería a posibilidade de que J. S. Bach tivera pensado nun instrumento en particular á hora de compoñer o Concerto Nº 4, como defende Dart. Malia todo, Carrell non lle da toda a razón a Dart e plantexa unha serie de problemas á teoría de que se trate de brid flageolets en sol, como creía Dart en 1960, e, ainda que defende que se trata en último termo de frautas de bico, certas evidencias e os costumes de Bach noutras das súas obras, lévanlle a suxerir que unha delas estaría en sol e outra en fa.


Non é ate 1981, dazasete anos máis tarde, cando a controversia das fiauti d'echo sae á luz de novo. Nesta ocasión é Jeremy Montagu en "What was the Flauto d'Echo?" publicado no número 23 do FoMRHI Quarterly, da Fellowship of Makers and Researches of Historic Instruments, en abril dese mesmo ano quen, tras comparar o Concerto Nº 4 BWV 1049 co Concerto en Fa Maior para cravo BWV 1057, chega a conclusión de que as fiauti d'echo non son simples fratuas de bico como as coñecemos, senon frautas capaces de produciren algún tipo de echo, tal vez por medio dalgún mecanismo como un burato adicional para o matapiollos ou outro dedo que puidera aumentar o área de apertura do burato abero. Debido a esa maior área do orificio aberto a afinación da nota tocada subiría e se compensaría, desde xeito, a caída natural da afinación debida á disminución da presión de aire nas pasaxes piano.

Cinco anos despóis, en 1986, é Dale Higbee que, no número 39 de Galpin Society Journal e baixo o título "Bach's fiauti d'Echo", propón que a expresión echo non é tanto unha descripción do instrumento en si mesmo como unha indicación do xeito no que este debese tocar: fora da escena, para producir un xenuino efecto de eco. A ides dese off-stage venlle a Higbee, como el mesmo recoñece no artigo, ó quedar abraiado tras observar a solución adoptada por Nikolaus Harnoncourt nuha retransmisión televisiva dos Concertos de Brandeburgo ó fronte do Concentus Musicus Wien. Na devandita restransmisión empregaronse dúas frautas de bico en fa que permaneceron ó fronte opostas ó violín principal no primeiro e no terceiro andamento. Con todo, no segundo, subiron ós palcos ubicados ó fondo da sala para acentuar o efecto das contestacións en eco.

Ese mesmo ano de 1986, Bernard Krainis presenta en American Recorder, Vol. 29, Nº 2 a teoría de que a fiauti d'echo é unha drauta de bico alto cunha chave para tocar piano (á que chama whisper key). Na actualidade esta idea dunha chave para pasaxes piano presentada por Montagu e Krainis existe levada á realidade nunha frauta do fabricante alemán Mollenhauer.

É 1989, febreiro. En Recorder: Journal of the Victorian Recorder Guild, Nº 9 John Martin, tras repasar en "Echoes from the Past" os puntos de vista de varios autores, chega á conclusión de que as fiauti d'echo podería ter sido frautas en fa o ben unha en sol e outra en fa. Ou, incluso, únicamente un erro de impresión. A verdade é que, lido así, sona un pouco a: a A; a B: a A e a B; ningunha das anteriores. Pero, na mesma publicación, en decembro desde mesmo ano, no número 10, nun artigo conxunto con Fred Morgan e Malcom Tattersall titulado "Echoes Resounding", John Martin presenta evidencias históricas que apoian unha nova teoría: cada unha das fiauti d'echo eran en realidade dúas frautas de bico unidas unha á outra para ser tocadas polo mesmo instrumentista, dúas frautas de bico cunha entonación (un voicing) distinta cada unha: unha para tocar forte e a outra para tocar piano.
¿Lembrades o video de Voices of Music que enlacéi en O Concerto 4º de Brandeburgo e as fiauti d'echo (I)? Pois precisamente están a poñer en práctica a teoría de John Martin ó usaren cada frautista, alomenos no segundo andamento que é o que se ve no video, unha parella de frautas unidas e con un voicing claramente distinto.
Para concluir, nese mesmo artigo artgo, Fred Morgan apoia pola súa banda a teoría xa presentada de que o Concerto Nº 4 compuxérase pensando nunha frauta en sol e outra en fa a Tattersall derruba a idea presentada por Dart en 1960 segundo a cal Bach tería escrito o Concerto Nº 4 para unha parella de flageolets.
Echo flute, consistente en dúas frautas de bico unidas, como cita John Martin en 1989.
Exemplar do Museo de Instrumentos Musicáis. Universisdade de Leipzig.

Existen algúns exemplares do instrumento doble descrito por John Martin no Museo de Instrumentos Musicáis da Universidade de Leipzig, un deles o que se amosa na imaxe que ilustra esta entrada. Ainda que este instrumento en concreto no é axeitado para o nº 4. Pero non adiantemos acontecementos. Xa haberá tempo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario