lunes, 23 de diciembre de 2013

O Concerto nº 4 de Brandeburgo e as fiauti d'echo (e IV)

Nik Tarasov fai un compendio polo miudo da utilización de frautas de bico ó longo das composicións de J. S. Bach nun traballo publicado na revista Windkanal e que se pode consultar en inglés na web da publicación. En relación co Concerto nº 4 de Brandeburgo, repasa en xeral a controversia e menciona a teoría da dobre frauta de John Martin, ainda que a considera pouco probable de ter sido certa no seu momento porque nin se conservan instrumentos nen outras composicións para ela, xa que, malia coñecer a existencia dalgunha copia no Museo de Instrumentos Musicáis da Universidade de Leipzig, estas non son, polas súas características, axeitadas para tocar o devandito concerto. Argumenta que é a propia estructura musical a que provoca o eco, máis que o instrumento ou os instrumentistas, e que as diferencias de volume veñen dads pola propia alternancia de timbres dos instrumentos do concertino.
Curiosamente este argumento é todo o contrario do que mantiña Thurston Dart en 1960, que decía que a propia estructura da obra xunto ó soave timbre das frautas de bico a s facía en inaudibles en case que toda a obra.

Outro capítulo controvertido, aparte do que supón a interpretación do que J. S. Bacho quixo decir coa anotación fiauti d'echo, é o da tonalidade dos instrumentos a empregar. Fred Morgan e John Martin, este nalgunha das súas teorías, así como Thurston Dart ó propor os bird flageolets, suxeriron a posibilidades de que as partes de frauta de bico estiveran escritas pensando nunha frauta afinada en sol en lugar de fa. ¿Por qué esta teorñia tivo tantos creentes ou defensores? En primeiro lugar habería que matizar que, salvo Dart, os demáis plantexan unha frauta en sol en outra en fa. Vendo a música escrita hai dous detalles a ter en conta:
  1. A voz Flauto 1ro non baixa do sol3 e ten varios fa#5.
  2. A voz Flauto 2dochega a fa3 e escapa, mediante algún cambio de octabam do fa#5.
¿Por qué é isto importante? Porque o fa#5 é unha das notas de difícil execución na frauta de bico alto en fa. Difícil porque non hai, salvo que o instrumento sexa excepcional, posición de dedos que a obteña limpa e afinada (a mellor sole ser 0|1-3|4-67|8,onde o 7, segudno o instrumento requira, pode estar aberto, pechado ou só tapado medio buraro. O 8 representa o burato da campá, pero o único xeito de pechalo é coa perna e tocando sentado, a risco dos dentes, por certo). Para unha frauta en sol a devandita nota non ten maior problema, pero como contrapartida esta frauta non pode baixar ó fa3. O feito de que a primeira voz non baixe ó fa3 e non escape do fa#5 fai crer que podería estar pensada e escrita  para tocar cunha frauta en sol, mentras que a segudna, pensada para unha frauta en fa cos seus problemas para emitir un fa#€, si baixa ó fa3 e evita a toda costa pasar pola nota maldita.

Non obstante o claro que poda parecer visto deste xeito, o certo é que hai detractores desta posibilidade.
Na sección Musical Issues das Frecuently Asked Questions en Gardane hai unha espléndida e recente resposta -datada en xaneiro de 2013. de David Bellugi (David Bellugi é concertista e profesor de frauta de bico e asemade ten un par de canles no youtube, un de seu e outro adicado ós seus alumnos e amigos) a unha consulta que lle remite unha suscriptora do sitio web. Na súa resposta fai un estudio de certas progresións presentes en distintas partes da obra, as compara con cómo foron resoltas polo propio Bach no Concerto en fa maior para cravo (BWV 1057), propón unha razón plausible para baixar un grado a tonalidade dunha a outra obra (debido con toda probabilidade a que, con ese transporte, a nota máis aguda da parte de violñin solista no BWV 1049, un mi5, queda no BWV 1057 convertido a un re5, o límite superior común ós cravos da época) e, antes de dala súa conclusión, da unha explicación tan simple como creíble á cuestión de por qué a segunda frauta, no BWV de 1049, non pasa nunca polo fa#5:
porque ou ben a segunda frauta ou ben o segundo frautista non eran capacesd e acadar con garantías a devandita nota.
En canto á alternativa de que a primeira frauta estivera afinada en sol e a segunda en fa, ainda que posible, malia que que Bach non o indiqeu expresamente na partitura, é relevante a interpretación que Beluugi fai:

Na súa experiencia, ainda que se podería tocar con esa configuración de frautas, é o terceiro andamento, con bastantes pasaxes a uníson de ambas frautas, o que se presenta problemático en canto a afinación se é tocado con frautas en distintas tonalidades xa que, debido a iso, os unísonos teñen que ser emitidos con distintas dixitacións (e eu engadiría que as distintas dixitacións non só poden proporcionar problemas de afinación senon inluso diferencias na cor ou timbre: un do4 non sona coa mesma cor nunha soprano en do que nunha alto en fa, ainda perfectamente afinadas; o timbre, o corpo é distinto).
Despóis de opinar que o Concerto nº 4 debe ser tocado con dúas frautas alto en fa, propón unha dixitaciñon para producir o fa#5, útil para esta obra, a pesar de ser desde tipo de posicións que non emiten a nota directamente senon ligándoa dende unha superior ou inferior e, ainda así, funcionan despóis dunha boa sesión de práctica.

¿E cal é a miña opinión? Despóis de ver a proposta de Voices of Music e de ter lido os razoamentos de Tuhurston Dart, Dale Higbee, David Lasocki, Nik Tarasov e David Bellugi (as restantes só as coñezo polas referencias que aparecen en The Recorder: A Research and Information Guide de Richard W. Griscom e David Lasocki), como fiel defensor convencido de que o simple sole ser o máis acertado, penso que a solución off-stage pode ser a máis axeitada e elegante, toda vez que é unha solución que se adoptou en numerosas ocasións ó longo da historia da música. Crer na existencia dun instrumento do que non é só que non queden exemplares, senon que non quedan nin tan siquera documentos escritos, grabados ou tratado paréceme un pouco collido con alfinetes.
Pero é só a miña opinión e eu, disto, non vos sei moito. Eu só viñen aquí a aprender.
P.S. Buscando información sobre unha frauta Dolmetsch que quere adquirir un amigo, acabo de caer na  conta de que Dolmetsch, na súa oferta de frautas feitas a man, detalla nos modelos segund Stanesby unha frauta alto en sol á que denomina directamente fiauti d'echo sguindo o criterio de Fred Morgan e John Martin,

No hay comentarios:

Publicar un comentario