lunes, 9 de diciembre de 2013

O Concerto nº 4 de Brandeburgo e as fiauti d'echo (III)

No número 13 de Recorder: Journal of the Victorian Recorder Guild, publicado en xullo de 1991, David Lasocki presenta un artigo baixo o título "More on echo flutes" no que refuta a teoría de John Martin según a que a expresión fiauti d'echo non era máis que un erro de impresión. Non sé iso, senon que, ademáis, sostén que só hai dúas vías que investigar:
  • J. S. Bach teiña en mente un tipo concreto de fipple flute, ou incluso distinto a estas, cando compón o Concerto nº 4,
  • J. S. Bach escribiu a música para frautas de bico normáis e ea indicación d'echo é unha mera indicación do efecto a acadar.
Estasa ideas as desenvolve e amplía posteriormente no número 45 do Galpin Society Journal nun artigo titulado"Paisible’s Echo Flute, Bononcini’s Flauti Eco, and Bach’s Fiauti d’Echo" publicado en marzo de 1992. No devandio artigo da un repaso ás teorías enunciadas en 1960 por Thurston Dart e aport dado non tido en conta por este e que poñen en dúbida a afirmación de que as fiauti d'echo foran flageolets en sol (bird flageolets). Dart apoiábase na popularidade que o flageolet recuperara no Londres de principios do s. XVIII e nos numerosos anuncios de actuacións de James Paisible tocando echo flute nos xoráis do momento. Lasocki advierte que ditas mencións á echo flute desaparecen tralo pasamento de Paisible e aporta un dado que prácticamente bota por terra a identificación de fiauti d'echo e flageolet:
Paisible era un expatriado francés que matiña contacto con Francia e tiña amistade con Peter Bressan, o famoso constructor de frautas de bico quen, ademáis, residía en Londres daquela. Se tanto os fabricantes franceses como o propio Bressan tiveran desenvolvido algún novo tipo de fipple flute, é de supoñer que Pasible ouvira falar del. O dado que Dart descoñecía en 1960 é que tra lo enterro de Paisible, un par de días despóis, fíxose inventario das pertenzas de Paisible por un dos albaceas testamentarios. Os únicos instrumentos de vento madeira que figuran na relación son dúas voice flutes (frautas de bico afinadas en re), unha consort flute (denominación habitual para as frautas de bico alto), outras dúas máis pequenas (presumiblemente fifth ou sixth flute ou mesmo sopraninos), un vello oboe e unha vella cane flute (unha frauta de bico integrada nun bastón). Non pode haber dúbida de que a relación é fiel e de que non se confundiron os instrumentos, posto que o albacea testamentario que a fixo non foi outro que Peter Bressan quen é evidente que estaba familiarizado cos distintos tipos de frautas (e Lasocki presupón que incluso algúns de aqueles podería ter sido obra súa) e que, da haber algún tipo de flageolet, o soubera distinguir.
Lasocki non pecha, con todo, a porta á posiblidade de que as fiauti d'echo foran frautas de bico con algunha modificación e intercambia correspondencia con Jeremy Montagu (quuen xa foi citado na anterior entrada sobre o Concerto nº 5 de Brandeburgo) acerca da posibilidade da existencia dalgunha chave que provocara o efecto piano, teorái mantida a raíz d ecoñecer un modelo de Dolmetsch que dispoñia dunha chave de mentón para iso e de coñecer a existencia dunha frauta do s. XVIII no Musikmuseet de Estocolmo cunha chave adicional para o matapiollos (ainda que o estado do instrumento non permite avierguar realmetne a función da tal chave). Posteriormente Montagu ten ocasión de confirma, con outra copia aparecdo en Nova Iorque, que a chave non é unha chave de piano. Non obstante, a teoría séguelle a parecer probable.
 
Repasa de seguido outra das teorías de John Martin, aqule que sostiña a posibilidade de que se tratara de dúas frautas unidas a unha á outra, pero cun voicing distinto cada unha de elas e aporta novas evidencias que apoian tal posibilidade.

Finalmente, valora a segunda vía: a mención d'echo refírese non a un instrumento senon a un efecto, real ou figurado. Matiza a presunción de Higbee, aquela das frautas off-stage a raíz dunha interpretación do Concentus Musicus Wien de Harnoncourt, cuestionándose por qué só no segundo andamento e por qué só as frautas, xa que os tres instrumentos do concertion fan eco ás frases da orquesta, co que, segun el, carece de sentido. De seguido, e con iso remata o artigo, chama a atención sobre unha disertación de Michael Marissen sobre os Concertos de Brandeburgo, da que valora que se base nun profundo coñecemento tanto dos manuscritos de J. S. Bach como do seu estio musical e da práctiva en canto á notación, e na que Marissen mostra con casi total certeza que as fiauti d'echo eran frautas de bico alto, que Bach difícilmente pretendera facelas tocar forta e pianoe que, de feito, probablemente tivera en mente un eco figurado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario