domingo, 1 de diciembre de 2013

Rodaxe o break-in

A rodaxe non é só o xeito no que imos acostumar á frauta a enfrontarse coa humidade, senon que ademáis vai server para vencellar músico e instrumento: tanto se vai a adecaur a frauta ó noso xeito de tocar como nós imos afacernos á súa personalidade e peculiaridades. Hai varios conesllos cobre cómo efectuar a rodaxe, casi tanto com frautistas, pero todos coinciden báiscamente no mesmo: hai que tocar todolos días, comezando con poucos minutos en cada sesión, tempo que se irá incrementando paulatinamente de semana en semana, tocando pasaxes lentas ou notas longas, ó principio no rexistro grave (ainda que hai partidarios de tocar en toda a extensión do instrumento dende o primeiro día, non deixan de incidir en que non se abuse da segunda octava nas primeiras semanas) e ir subindo conforme avanzan as sesións de rodaxe e, como sempre, secar o instrumento ó remate de cada sesión.

A idea da rodaxe é a de someter a madeira a un paultaino contacto coa humidade e adestrar ás fibras a obsorber dita humidade e a dilatarse. O bloque sole ser de cedro vermello, que é unha madeira que absorbe ben a humidade, que apenas se deforma, que ten moi pouca dilatación e que recupera con facilidade o seu tamaño orixinal unha vez que se desfai da humidade; por outra banda está a madeira da cabeza da frauta que, sexa a que sexa, vai ter un comportamente diferente ante a humidade (máis lento ou máis acusadi) e que por construcción, só vai expoñer unha pequena rexión ó contacto coa humidade.


Como resultado adicional, unha boa rodaxe da frauta vai minimizar no futuro o efecto de afonía debido á obstrucción da canle co exceso de humidade.

Polo tanto temos dúas madeiras con dous comportamentos distintos ante a humidade en contacto unha coa outra, de xeito que as tensións provocadas polas súas respectivas dilatacións van enfrontrarse: por unha banda un bloque dilatándose constrñido pola cabeza da frauta e pola outra a cabeza da frauta tentando de dilatar cara un espacio ocupado por un tarugo de madeira. Así que convén adestrar as madeiras "a levarse ben" e, por as mesmas razóns, o tempo máximo para tocar é moi limitado.

¿Pero é para tanto? Pois si o é. Hai anos chegou ó meu poder unha frauta de ébano (construida posiblemente nos 79, xa que vin fotos de antes dos 80 nas que aparece) que presenta unha fina rachadura no lateral dereito que abrangue toda a lonxitude da peza. É fina como un cabelo e apenas apreciable a simple vista, pero que, unha vex que se comeza a tocar e en canto o bloque comenzou a dilatar, notas como rezuma por ela a humidade do alento.

Por seguer un pouco a tendencia de casi non publicar fotos de frautas de bico, vou subir a foto dun morteiro. Habíamos machacado algñun ingredente no seu interior e, antes de fregalo vertemos nel auga para abrandar e desprender algún resto. O caso é que se nos esqueceu toda a noitiña coa auga dentro e isto foi o que atopamos á mañán seguinte:
Mortero
Mortero de madeira rachaado pola auga
O auga foi absorbida polas fibras interiores quecomezarona dilatarse, pero as exteriores, ó estaren en contaco co aire, máis seco, non seguiron ese movemento de dilatación. Chegou un momento no que a forza exercida polas fibras en dilatación venceu á que opoñían as fibras exteriores dando por resultado a rachadura que se aprecia na imaxe. Podedes facervos unha idea das forzas ás que se veu sometida a madeira se advertides qua a rachadura produciuse en sentido perpendicular á veta da madeira.

No hay comentarios:

Publicar un comentario