jueves, 19 de diciembre de 2013

¿Voice flute ou tenor en re?

Ó falarmos das distintas afinacións nas frautas de bico en Frautas en do, frautas en fa, frautas noutros sabores, mencionéi a voice flute. Os artesáns que inclúen esta frauta na súa oferta solen basearse en exemplares conservados na actualidade que proceden de dous constructores en concreto, un deles é Peter Bresasn e o otro é I. C. Denner. De Bressan adoitase copiar o exemplar da colección particular de Frans Brüggen (Stephan Blezinger ou Jacqueline Sorel) ou o da de Dale Higbee (Prescott Workshop), mentras que o exemplar orixinal de I. C. Denner é o conservado no Germanisches Nationalmuseum de Nuremberg (Paul Richardson ou Peter van der Poel) ou ben o da colección particular de Frans Brüggen (Ronald Wick).

Pero, ¿trátase en realidade dun memos tipo de instrumetno realizado por dous constructores distintos?

En realidade, a voice flute foi un instrumento habitual en Inglaterar ainda que non no continente, afiando en re en denominado así (frauta de voz) por soanr no mesmo rexistro que a voz de soprano- Peter Bressan (1663-1731, bautizado Pierre Jaillard, nado en Francia, pero establecido en Londres onde desenvolveu a súa labor profesional) foi un prestixioso constructor de frautas de bico do que se conservan bastantes exemplares hoxe en día, nos que se atopan varias voice flutes.

Por outra banda están os exemplares construidos por I. C. Denner. Johann Christophe Denner (1655-17070, nado en Leipzig) foi un afamado constructor de instrumentos de vento madeira -a que se atribúa a invención do clarinete- fillo dun constructor de trompas de caza e pai á súa vez doutros dous constructores de instrumentos, Jacob e Johann David.

Estamos de novo ante un duelo Ingleterra-Alemania za que, ainda que Peter Bressan nacera francés, o seu legado instrumental é inglés e por iso voume permitir a licencia.

Falemos de diapasóns. Hoxe en día é común adoptar o criterio de que o la3 ten unha frecuencia de 440 hertzios (e subindo, porque en realidade estase adoitando afinar a 442 Hz), pero non sempre foi así. Por exemplo, así como algún exemplar de Bressan está afinado cun la3 de 407 Hz, o de Denner da colección de Frans Brüggem o está en 418 Hz. Na actualidade é habitual interpretar música barroca cun diapasón de 415 Hz.

Nos periodos nos que a música instrumental sobrepasou en importancia á música vogal, parece que existiu unha continua tendencia a elevar o diapasñon, presumiblemente producto da competencia entre os instrumentistas por obter cada vez un son máis brillante que o dos seus riváis. Tal tendencia chegou a ser tan acusada que se fixo necesaria algunha reforme. Nos inicios do s. XVII, Michael Praetorius xa advirte no seu Syntagma musicumque os diapasñons subiran de tal xeito, que os cantantes estaban a experimentar severos problemas de gorxa e que tanto violistas como laudistas queixábanse de roturas de cordas debido á excesiva tensión necesaria para mantelas en afinación. Os rangos de voz estándar que cita amosan que o diapasón da súa época, alomenos na parte de Alemania na que viviu, eran casi unha terceira menos máis altos do que son hoxe en día. As solucións a este problema foron esporádicas e locais, pero de forma xeral implicaron o establecemento de dous estándares distintos, un para voz e órgano, denominado Chorton e outro para conxuntos de cámara, chamado Kammerton. Nas situacións nas que ambos apareceron combinados -como nuha cantanta- cantantes e instrumentistas podían interpretar a música escrita en disitntas tonalidades para cada un. Este sistema mantivo a raia o diapasón durante uns dous séculos.

En "An Introduction to Bach Studies" -Oxford Universitu Press, 1998- de Daniel R. Melamed e Michael Marissen, recóllense as conclusiñon de Arthur Mendel e Bruce Haynes en canto ós diapasóns na época de J. S. Bach e establecen que o diapasón do Kammerton era de aproximadamente 410 Hz (polo menos no referente ás Cantatas de época de Bach en Leipzig), mentras que para o Chorton establecen dous distintos, un máis agudo a distancia de terceira menor e outro algo máis grave a distancia de segunda maior. Ademáis, os órganos na Alemania de Bach estaban maioritariamente afinados a uns 460 Hz, é decir, nun Chroton un ton por riba do Kammerton (para comprender ben a relación entre tons e freceuncias non está de máis ler a entrada ¿Canto mide un semitón? (I) neste memo depeteiro) .

Por unha banda sabemos que I. C. Denner nace en Leipzig 30 anos antes que J. S. Bach e que estamos nun momnento no que conviven dous diapasóns disitintos, un grave -o Kammerton- aplicado a oncxuntos instrumentáis e outro un ton por riba -o Chorton- aplicado ás voces e ós órganos; e, por outra banda, temos que a voice flute como tal é un instrumento de uso habitual na Inglaterra da época, pero non no continente. Polo tanto, é máis axeitado considerar que a frauta de I. C. Denner non é unha voice flute en sentido estricto, senon unha frauta de bico tenor en do, pero afinada segundo o diapasón Chorton para poder acompañar ás voces na súa mesma tonalidades. A diferencia de diapasón é a causa de que se teña considerado a esta frauta como unha ternor en re (dende o putno de vista do diapasón Kammerton) e de ahí que en moitos casos se refira a ela como voice flute.

Stephan Blezinger, Ralph Ehlert ou Von Huene Workshop son moi claros ó advertir que o exemplar de I. C. Denner é, antes que unha voice flute, unha tenor en Chorton. Philippe Bolton incluso, malia que constrúe copias partindo dun orixinal de Denner, recoñece que éste só ten uhna extensión de unha octava e unha sexta cun repetorio moi limitado. Pola súa banda Peter van der Poel vai un chisco máis aló e di:
"Non está completamente claro que este instrumento [o orixinal de I. C. Dener conservado en Nuremberg] deba ser visto como unha voice flute en estilo francés [en referencia a ter un diapasón baixo] ou como unha frauta de bico tenor segundo o diapasón Chorton, nin que iso deba significar ou non unha diferencia real no deseño."
Como se apunta en Von Huene Workshop, a diferencia pode que só sexa académica, pero o certo é que as voice flute foron instrumentos habituais en Inglaterra e non no continente, onde naceu e desenvolveu a súa labor a familia Denner.

No hay comentarios:

Publicar un comentario