lunes, 13 de enero de 2014

Actus Tragicus: ¡Isto baixa a un mi bemol!

A Cantata BWV 106 "Actus Tragicus" foi compuesta por J.S. Bach en 1707 na súa estadía en Mühlhuasen, para dúas fratuas de bico, dúas vioals de gamba, catro voces (soprano, alto, tenor e baixo) e baixo continuo. Presúmese que para ser tocada no enterro do seu tío Tobias Lämmerhirt.

Desta cantata non se conserva o manuscrito, pero a Bach-Gesellschaft Ausgabe de 1876 vai proporcionar boas pistas.

En primeiro lugar, a armadura ten dous bemoles co la como bemol accidental en todalas voces (Mi bemol Maior, Do menor) ainda que hai partes da cantanta nas que a tonalidade móvese a La bemol Maior e Fa menor. Calquera delas implica unha cousa certa: o mi é bemol.

Na edición de 1876, na primeira páxina, previo ó comezo da Sonatina e só nas frautas de bico, aparecen os catro primeiros compases en clave de sol en primeira, pero coa armadura claramente en Fa Maior.
Cantata BWV 106 - Sonatina.
Avanzando na obra, imos atoparnos varias veces co mi bemol na primeira liña do pentagrama nas partes de ambas frautas de bico (resaltados en vermello):
Compás 66 - 2º movemento (Lento).
Compases 119 y 120 - 2º movemento (Vivace).
Compases 1, 4 y 5 - 4º movemento.
Non son todalas aparicións, só unhas poucas, suficientes para comprobar que non se trata dunha aparición casual.
O problema estriba en que ese mi bemol non se pode acadar cunha frauta de bico en fa, moito menos cunha en sol. Cunha tenor en do hai uns pasos, no Vivace do 2 movemento, polo re bemol na terceira octava que non son moi cómodos de tocar e que ademáis dependen en gran medida de que a frauta sexa capaz de emitir, co que o remedio pode ser peor que a propia enfermidade. O do sostenido ou re bemol nunha tenor en do é a nota equivalente ó fa sostenido ou sol bemol das alto en fa, nota que poucas frautas poden emitir sen recurrir a tapar o burato da campá.

Voltemos á primeira páxina. Hai catro compases que dan unha formidable pista: os catro compases nas voces das frautas escritos en Fa Maior. Coas partes das frautas de bico escritas en Fa Maior desaparece o mi bemol da armadura (e o mi bemol fora de tesitura convírtese a un fa, nota máis grave da frauta alto) sen que por arriba se presenten problemas de tesitura.

Agora ben, coas frautas en Fa Maior e o resto en Mi bemol Maior a obra non se pode tocar. ¿Qué sentido ten entón? Nesta época na Alemania de J. S. Bach coexistían dous diapasóns distintos, o Chorton (usado por voces e órganos, aprox. a460 Hz) e o Kammerton (empregado por conxuntos instrumentáis, aprox. a410 Hz) que estaban separados por un ton ou segunda maior. Se cantantes, continuo e violas de gamba afinaban en Chorton, a obra estaba escrita para frautas afinadas segundo o diapasón Kammerton (como apunta Nik Tarasaov en windkanal frautas en estilo francés, con rexistros graves máis potentes e afinadas neste diapasón máis baixo) que, o sonar un ton por debaixo requería escribir a súa parte un ton por arriba para compensar. De ahí esa lembranza na edición de 1876 de que as frautas tocaban en Fa Maior e o resto en Mi bemol Maior. A diferencia de diapasóns resolve a diferencia de tonalidade entre as frautas e o resto.

Iso era daquela. ¿Pero hoxe en día? Non hai frautas de bico en fa que cheguen ó mi bemol grave se nos centramos en copias de instrumentos da época e empregar frautas en do entraña outras dificultades nas notas máis agudas da partitura. Debido á reducida instrumentación, a NBA (Neue Bach-Ausgabe ou Nova Edición Bach) optou por transcribila totalmente a Fa Maior. Pero hai outras solucións que xogan cos diapasóns actuais (a440 e a415, separados medio ton). A que máis chamou a miña atención é a que propón Jacqueline Sorel:
Empregando para as dúas voces de frauta de bico escritas en Fa Maior sendas frautas en re en diapasón a440 e tocándoas como se fosen frautas en fa (é decir pechando todolos buratos ó ler o fa do primerio espacio en clave de sol), ó tempo que o resto (gambas, voces é órgano) tocan e cantan as súas respectivas partes en Mi bemol Maior, pero en diapasón a415.
Os frautistas tocan en Fa Maior como se tocaran en frautas en fa (tal como tocaran nos tempos de J. S. Bach), pero sonando en Re Maior a440. O resto sona en Mi bemol Maior a415. Como re e mi bemol están separados por medio ton, que é a diferencia que tamén existe entre 440 e 415, o resultado ós nosos ouvidos é como se todo o conxunto estivera a tocar a obra en Mi bemol Maior segundo o diapasón a415.

No hay comentarios:

Publicar un comentario