Hoxe é un bo día para que os Reis Magos teñan deixado xuntos ós lustrosos zapatos -despóis de dar boa conta do turrón, uns mazapáns, o cava e un balde de auga para cada camello- esa copia dunha frauta de pico alto en fa segundo Bressan, cos seus anéis de marfil (sintético, eso si, que non é cousa de andar masacrando elefantes por iso), coa dixitación orixinal, afinada a 415 Hz (porque hai que chegar a un compromiso co resto do consort), en madeira de buxo europeo e ese acabad atigrado do estás namorado dende que o viches na web dalgún artesán.
Pois non. Non o fixeron. Desta non foi e haberá que seguir agardando. Mentras vós ides abrindo os regalos que vos teñan deixado, imos falar dos dinosaurios -con agarimo- extintos da familia das frautas de bico.
Tal vez o momento de maior esplendor das frautas de bico teña sido o Renacemento. Certo é que no Barroc escribuise moita e moi boa músca para a frauta de bico, pero tamén é certo que é nesta época cando se ve superada e desprazada polo traverso, que será o que ó final evolucionará ate converterse na frauta traveseira de hoxe e facer desaparecer á frauta de bico do repertorio musical, ate hai ben pouco.
É no Renacement cando a familia da frauta de bico creceu en número de instrumentos. Hoxe en día estou seguro de que en liñas xeráis a xente só identifica á frauta de bico coa soprano porque é a que habitualmente ensínase tocar nas escolas. Haberá quen incluso saiba de alomenos catro tipo, que por nome correspondense coa voz humana, e coñeza a soprano, alto, tenor e baixo; posiblemente tamén a sopranino e haberá quen tivera contacto con elas tocando nalgún cuarteto formado por frautas de bico.
Pero no Renacemento houbo unha verdadeira explosión e desenvolvemento na familia das frautas de bico. En parte, supoño, por ser un instrumento relativamente doado de construir, relativamente doado de tocar e, tamén relativamente, barato e, ademáis, debido á súa limitada extensión (entre unha decimoterceira -é decir unha octava maís unha sexta- e as dúas ocatvas), a única maneira de abranguer maís rexistros era construir máis e máis instrumentos na familia.
Michael Praetorios (1571-1621) recolle, na Organographia do Syntagma Musicm a seguinte serie de instrumentos, relacionada de máis aguda a máis grave (de menor a maior tamaño), acompañada do grabado correspondente.
- Klein flöttlin (sopranino) en sol4
- Discant (soprano) en re4
- Discant (soprano) en do4
- Alt (contralto) en sol3
- Tenor (tenor) en do3
- Bassett (baixo) en fa2
- Bass (baixo) en sib1
- Groß Bass (contrabaixo) en fa1
Baseándonos nas descripcións e grabados do Syntagma Musicum de Michael Praetorios ou mesmo do Harmonia Universell de Marin Mersenne (1555-1648) temos constancia da existencia desde instrumentos daquela, do mesmo xeito que do achádego de fósiles temos constancia da existencia en tempos máis remotos dos dinosaurios. Ben, e grazas a que tamén se conservaron algúns instrumentos, en mellores ou peores condicións.
Por sorte, é máis sinxelo hoxe reconstruir ou recrear estes instrumentos partindo da información disponible, dos poucos exemplares conservados e do saber facer dos artesáns, que recrear un dinosaurio. E de feito hai artesáns animados a facelo. Venme á mente Adriana Breukink, que coas Schnitzer e as Bassano, ten na súa oferta toda unha familia formada por:
- Sopranino en sol4
- Soprano en re4
- Soprano en do4
- Alto en sol3
- Alto en fa3
- Tenor en re3
- Tenor en do3
- Basset en sol2
- Baixo en fa2
- Contrabaixo en do2
- Contrabaixo en sib1
- Subbaixo en fa1
- Subcontrabaixo en sib0
No hay comentarios:
Publicar un comentario